8 de abr. de 2017

A GUARDA

O Concello da Guarda recibe unha máquina varredora 

Ao abeiro do Plan Concellos 2016 da Deputación de Pontevedra  



O alcalde e o concelleiro de Servizos, con personal municipal na recepción da varredora
Foto: C.A.G.


Infogauda / A Guarda


 O xoves día 6 de abril o Concello da Guarda recibiu unha máquina varredora que irá destinada á limpeza de beirarrúas, zonas peatonais e calzadas da vila.

 O alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, o concelleiro de Servizos, Paulino Rodríguez González e o concelleiro de Vías e Obras, Miguel Ángel Español Otero foron testemuñas de primeira man da utilidade e servizo que esta máquina poderá realizar na limpeza viaria na vila.

 A recepción desta varredora faise ao abeiro dunha subvención da Liña 1 de Investimentos do Plan Concellos 2016 da Deputación de Pontevedra. O concello da Guarda solicitou unha subvención para a adquisición desta máquina de 72.600 euros, que lle foi concedida e que agora vese materializada. Finalmente resolveuse que a varredora adxudicada fora da marca HAKO, modelo CITYMASTER 600, por un prezo de 71.874 euros.

 Coa varredora recibida a labor diaria dos operarios de limpeza da Guarda gañará en fluidez, eficacia e rapidez para manter A Guarda nunhas boas condicións de limpeza durante todo o ano. 


1 comentario:

  1. O Señor alcalde parece que está sempre disposto a sair nas fotos. ¡que pena que non esté igual de disposto pra traballar por o pobo!

    ResponderEliminar