21 de mar. de 2017

LABORAL

NOTA DA CIG-SERVIZOS 

SOBOR DA CONCESIONARIA DO SERVIZO DE MANTEMENTO DE ZOAS VERDES, PARQUES E XARDINS DO CONCELLO DE VIGO




 No día de hoxe tivemos coñecemento, por parte da empresa Althenia (concesionaria do servizo de mantemento de zonas verdes, parques e xardíns do Concello de Vigo dende 1 setembro 2015 ata 15 de decembro de 2016) da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, na que os maxistrados fan constar que dita empresa é a adxudicataria do servizo.

 Compre lembrar que esta concesión foi a que tivo mais problemas na historia do Concello de Vigo, dende que a empresa Cespa (1 xaneiro 1999 ata 31 agosto 2015) foi involucrada na 'operación Patos', imputando ao xerente (máis tarde despedido), e se abriu o proceso de licitación, o persoal pasou por folgas (en protesta do prego entre outras causas) e múltiples calamidades.

 Cando se adxudica a concesión a Althenia, Valoriza impugna o proceso, alegando que o Concello os retirou do concurso por baixa temeraria.

 O tribunal administrativo dálles a razón en outono e o 16 de decembro de 2016 asumen o servizo, polo tanto deixando a Althenia sen el, por suposto esta última reclama ao TSXG.

 A CIG e o Comité trasladámoslle no mes de novembro de 2016 ao concelleiro Ángel Rivas a nosa preocupación por cambiar a contrata antes de que saíra o recurso presentando por Althenia, xa que entendiamos que en catro ou cinco meses existiría sentenza, polo que o máis prudente era que continuase a que estaba, Althenia.

 Podía darse a circunstancia de que gañase a Althenia e volver a cambiar a concesión.

 Os maiores prexudicados son todos e todas as traballadoras, dado que tres anos se cambiou a varias empresas, co que isto conleva: paralizar o convenio colectivo, substitucións, desmellora no servizo, liquidacións de salarios incompletas, etc.

 E que por suposto, a cidadanía observase nestes meses como a nosa cidade estaba mal coidada, sobre todo os parques.

 Non sabemos si a insistencia do Concello de Vigo para que entrase Valoriza tan rapidamente sen esperar á sentenza, sería porque esta volve a contratar, cun contrato mercantil, a un dos imputados Juan Ramón Alonso García (operación Patos), que segue mandando sobre os e as traballadoras sen ningún tipo de pudor, xuntándose periodicamente co Concelleiro Angel Rivas, tamén imputado na operación Patos, o triste e que nin se esconden porque se lles mirou polas rúas.

 Para a CIG esta é unha situación de escándalo; que os políticos imputados anden da man con responsables das contratas poderíase calificar de moitas maneiras.

 O alcalde minte cando nos medios afirma que o Concello cumpriu coa sentenza do Tribunal Administrativo, por iso cambiou a contrata, o que debería dicir é que tiña que tela deixado ata coñecer a sentenza final; ou é que lle interesaba que Juan Ramón Alonso seguira ao fronte do servizo?

 Descoñecemos se Valoriza presentará recurso, porque dubidamos que atope outro caso similar para poder apelar, pero tamén descoñecemos si Althenia pediralle ao alcalde indemnizacións millonarias por tanta incompetencia, ou si absorberá o servizo.

 Dende a CIG temos claro que estamos valorando xunto co Comité de Empresa comezar diferentes mobilizacións, porque é o cadro de persoal o máis prexudicado.
 
 María do Tránsito Fernández

 Secretaria comarcal da CIG-Servizos de Vigo

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario