5 de feb. de 2017

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

BEATRIZ FIGUEROA, DOENTE DE CANCRO, E ACTIVISTA A PROL DOS DEREITOS DAS PERSOAS AFECTADAS POR ESA ENFERMIDADE, VIRÁ A CAMPOSANCOS

Será o vindeiro sábado día 11 de febreiro, ás 20:00 h., na Casa Cultural da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común

Beatriz Figuroa disertará sobor do seguinte tema: "O cancro de mama, non é de cor rosa"

Beatriz Figueroa, diante do Congreso dos Diputados

Ricardo Rodríguez Vicente / Camposancos

 É unha das persoas que desde o comezo da súa enfermidade, non dubidou en facer público que é doente de cancro. Chámase Beatriz Martínez Figueroa, ainda que habitualmente se lle coñece como Beatriz Figueroa. É avogada e xornalista, ademais de ser unha activista a prol dos dereitos dos doentes de cancro, e reside na cidade de Vigo. 

 Beatriz Figueroa, é unha muller loitadora, que non dubidou en denunciar súa situación - que ademáis lle afecta a moitos doentes como ela -, mediante diversos medios, como a comunicación e redes sociais, e tamén a traverso da plataforma change.org na que súa petición - Cambien la ley y protejan a los enfermos de cáncer - recolleu máis de 581.000 sinaturas.

 Ela sabe o que é estar doente e sabe tamén que non cabe outra saída que á loita. Contra á enfermidade e contra a Administración, que en moitas ocasions, non acredita á sensibilidade que cabería agardar dos seus portavoces. Por iso ten recorrido a institución Defensora del Pueblo e súa homóloga en Galicia, a Valedora do Pobo, ademáis de ter procurado o apoio dos grupos parlamentarios. Non é, obviamente unha persoa que se resigne, a pesares de que á enfermidade non sempre lle permite estar na vangarda da loita, e teña que buscar novos folgos para poder continuar.

 Convidada pola Xunta Rectora da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos, Beatriz Figueroa non dubidou nin un soio intre en aceptar participar o vindeiro sábado día 11 de febreiro, ás 20:00 horas, na segunda das Charlas de Portas Abertas, 2017, organizadas pola devandita Comunidade de Montes. 

 Na súa agardada charla-coloquio, Beatriz Figueroa - que será presentada pola Doctora Carmen Mosquera Pérez, Xefa de Servizo do Centro de Saúde de A Guarda - disertará sobor do seguinte tema: "O cancro de mama, non é de cor rosa". 

 Será, con certeza unha magnífica oportunidade para reflexionar sobor da necesidade de reinvidicar máis medios e máis orzamentos para investigación, para tentar de erradicar unha enfermidade que non escolle. Todos somos candidatos. Por iso todos, temos moito que decir. Como o fai Beatriz Figueroa.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario