4 de dec. de 2016

PATRIMONIO

COMEZARON AS VOTACIONS NA WEB PARA ELEXIR OS PREMIOS ESPECIAIS DO PÚBLICO DE TELEARQUEOLOXÍA 2016 





Infogauda / Pontevedra


 Xa restan menos de dúas semanas para a celebración do I Festival de Curtametraxes sobre o Patrimonio Arqueolóxico da Provincia de Pontevedra Telearqueoloxía 2016, o proxecto organizado polo Museo de Pontevedra e financiado pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología – Ministerio de Economía, Industria y Competitividad e a Deputación de Pontevedra, que pretende darlle un pulo á divulgación arqueolóxica no ámbito provincial a través da celebración dun concurso de video-creacións de temática arqueolóxica aberto a todo público interesado en coñecer, difundir e poner en valor rico patrimonio arqueolóxico pontevedrés.  

 O Festival celebrarase no Sexto edificio do Museo de Pontevedra entre os días 14 e 16 de decembro. Os dous primeiros días, os asistentes poderán visionar as curtametraxes elixidas polo Xurado para a súa visualización en sala, mentras que último día, o venres 16 de decembro, dedicarase á entrega de premios e a proxección das obras premiadas.  

 Polo que respecta aos premios outorgados polo público, dende a pasada media noite xa se poden votar as curtametraxes na web de Telearqueoloxía. Nela, os usuarios poderán votar por cantas curtametraxes desexen dentro de cada unha das categorías, Lascas e Bifaces, só podendo votar unha vez á mesma curtametraxe.  

 Para proceder ás votacións, e dentro do menú da web o usuario escollerá baixo a pestana “Curtas participantes e votacións” o submenú apropiado, “Votación  Lascas” se desexa visionar e votar curtametraxes da categoría de menores de 18 anos  ou “Votación Bifaces” se o que pretende é obrar do mesmo xeito pero no referido á categoría de maiores de idade.


Submenús de visionado de curtametraxes e votación para as categorías Lascas e Bifaces

 Unha vez dentro da páxina elixida, ós usuarios poderán visionar cantas curtametraxes desexen antes de proceder á emisión do/s seu/s voto/s. Para votar, marcaranse  cantas curtas se desexe (unha ou máis) a través do check existente baixo a ventá de cada unha das curtametraxes.

Check de selección de curtametraxes

 Unha vez feito isto, o usuario deberá premer o botón “Votar por este/os video/s” situado na parte inferior da páxina para deste xeito confirmar a súa votación. Neste sentido, é preciso aclarar que entre votación e votación, e para cada unha das categorías, deben pasar alomenos 24 horas. Este sistema permite aos usuarios dispor de tempo suficiente para poder visionar e votar cantas curtas lle pareza apropiado, dispoñendo de varios días para elo.

Botón de confirmación e envío de voto/s

 O prazo para votar pola/s vosa/s curtametraxe/s favorita/s remata o próximo 15 de decembro. Desde á Deputación Provincial de Pontevedra, animámannos a disfrutar do noso rico patrimonio arqueolóxico provincial a través da visualización destes interesantes traballos!

 Compre salientar que na categoría Bifaces, figuran, entre outros uns vídeos sobor de encraves arqueolóxicos e defensivos ubicados nos concellos de A Guarda, Oia, Tomiño,...







 Que eses vídeos acaden algúns dos premios da convocatoria, vai a depender, en grande medida, dos apoios que reciban. Por iso desde Infogauda convidamos que todos apoiemos cos nosos votos os vídeos que consideremos que merecen ser premiados.

Ningún comentario:

Publicar un comentario