O BNG denuncia o despropósito e o pasotismo do alcalde do Rosal coa problemática da área sanitaria de Vigo
Ánxela Fernández Callís, concelleira portavoz do BNG no Concello do Rosal
Infogauda / O Rosal
O BNG do Rosal ven de presentar no pasado pleno municipal do 28 de maio unha proposta elaborada pola Plataforma SOS Sanidade Pública onde se solicitaba que “se inste á Xunta de Galicia e á Consellería de Sanidade a iniciar un proceso de diálogo coa Xunta de Persoal do SERGAS da Área sanitaria de Vigo e coa plataforma SOS Sanidade Pública”.
Un diálogo que o colectivo de sanitarios da Área Sanitaria de Vigo leva reclamado en multitude de ocasións e que a Xunta de Galicia e a Consellería de Sanidade do PP negan de xeito reiterado a pesares das multitudinarias manifestacións e protestas que se teñen producido .
Lamentablemente, desde o grupo de goberno do PP do Rosal reitérase e négase de novo a posibilidade de calquera tipo de diálogo e negociación coa Sanidade Pública votando en contra desta proposta. "Non entendo como se pode negar algo tan importante e mínimo como o diálogo. Debera ser obrigado por parte de aqueles que ocupan responsabilidades políticas. Esta actitude e xestión por parte do PP coa Sanidade Pública é inaceptable”, afirma Ánxela Fernández Callís, concelleira portavoz do BNG no Concello do Rosal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario