Este sábado celébrase a primeira etapa do Camiño Portugués que farán en compañía os veciños de A Guarda e Caminha
Vista parcial da foz do río Miño desde Moledo (Caminha)
Infogauda / A Guarda
O vindeiro sábado, día 5 de
marzo, terá lugar a primeira das etapas do Camiño Portugués que farán en
compañía os veciños de A Guarda e da vila portuguesa de Caminha. Esta actividade
trátase da primeira das actividades organizadas conxuntamente pola Cámara de
Caminha e o Concello da Guarda no marco da candidatura do Esteiro do Miño a
Paisaxe Cultural da Unesco.
Nesta iniciativa
van participar máis de 120 camiñantes, tanto guardeses coma veciños de Caminha.
Esta primeira
etapa percorrerá a distancia entre Âncora (Caminha) e Mougás (Oia), un total de
28 quilómetros. Os participantes guardeses terán a saída dende a explanada do
CEIP A Sangriña ás 8 horas en autobús. Dende alí irán a Igrexa Parroquial de
Ancora, punto de encontro cos participantes de Caminha, punto de onde dará
comezo esta primeira andaina tras a recepción das autoridades. Todos xuntos
cruzarán no ferri, camiñarán pola Guarda, O Rosal e Oia, ata rematar en Mougás,
na zona onde se atopa o albergue.
Aquelas persoas que queiran máis información sobre esta actividade poden
dirixirse a Oficina de Turismo do Concello de A Guarda, escribir á dirección turismo@aguarda.es ou chamar ao teléfono 986 61 45 46.
Seguintes
etapas:
2ª etapa
12 de marzo: Mougás - Vigo 28 km
Saída ás 9 da Sangriña, onde esperaremos a que cheguen os
participantes de Caminha. Desde Mougás comezamos a camiñar cara Baiona, Nigrán
polo núcleos da Ramallosa, Panxón e rematamos esta etapa na igrexa románica de
Coruxo de Vigo.
3ª etapa
02 de abril: Vigo - Redondela: 23 km
Saída da Sangriña ás 8.30h. Iremos cara Goián onde nos
xuntamos cos participantes procedentes de Caminha. Iremos en bus ata Castrelos
onde comezaremos a camiñar logo de visitar a fermosa igrexa románica. Seguimos
pola senda do Lagares, cruzamos Vigo por Sárdoma, Senda da Auga, Chapela e a
etapa conclúe no centro de Redondela localidade na que conflúe o Camiño
Portugués da Costa e o do interior que parte de Tui.
4ª etapa
16 de abril: Redondela - Pontevedra 21
km
Saída da Sangriña ás 8.30h. Iremos cara Goián onde nos
xuntamos cos participantes procedentes de Caminha. Abandonamos pouco a pouco a
ría de Vigo polo concello de Soutomaior. Cruzamos ó río Verdugo pola Ponte de
Sampaio e dirixímonos por varias poboacións do concello de Vilaboa e por Tomeza
entramos na cidade de Pontevedra onde nos agarda o santuario da Virxe da
Peregrina.
5ª etapa
23 de abril: Pontevedra - Caldas de
Reis: 22 km
Saída da Sangriña ás 8.30h. Iremos cara Goián onde nos
xuntamos cos participantes procedentes de Caminha. Cruzamos Pontevedra pola
ponte do Burgo cara pequenos pobos de Barro e As Portas ata cruzar o Umia xa en
Caldas de Reis onde finaliza esta etapa.
6ª etapa
07 de maio: Caldas de Reis - Padrón:
18 km
Saída da Sangriña ás 8.30h.
Iremos cara Goián onde nos xuntamos cos participantes procedentes de Caminha.
Iremos cara o Concello de Valga
para despedir a provincia de Pontevedra cruzando o río Ulla por Pontecesures e
entrando por Padrón xa na provincia da Coruña.
7ª etapa
14 de maio: Padrón - Santiago de
Compostela: 25 km
Saída da Sangriña ás 8.30h.
Iremos cara Goián onde nos xuntamos cos participantes procedentes de Caminha. Polos municipios de Padrón, Teo e Ames chegamos o final da viaxe,
cruzando a histórica Porta Faxeira, animada rúa do franco e por fin a Catedral
de Santiago.
RESUMO ETAPAS
05 de marzo: Ancora (Caminha_Portugal) – Mougás (Oia) 28 km.
12 de marzo: Mougás (Oia) - Vigo 28 km
2 de abril: Vigo - Redondela: 23 k
16 de abril: Redondela - Pontevedra 21 km
23 de abril: Pontevedra - Caldas de Reis: 22 km
7 de maio: Caldas de Reis - Padrón: 18 km
14 de maio: Padrón - Santiago de Compostela: 25 km
Ningún comentario:
Publicar un comentario