Mañá celébrase a “Marcha por Rosalía” na que participan escolares de todos os colexios guardeses
Esta actividade tivo que ser aprazada por motivos meteorolóxicos. Os rapaces lerán un poema e cantarán xuntos na Praza do Reló
Esta actividade tivo que ser aprazada por motivos meteorolóxicos. Os rapaces lerán un poema e cantarán xuntos na Praza do Reló
O mural adicado á Rosalía de Castro está sendo realizado por escolares de A Guarda
Foto:C.A.G.
Infogauda / A Guarda
A “Marcha por
Rosalía” organizada polo Concello de A Guarda en colaboración cos centros
escolares da vila celébrase mañá martes, día 1º de marzo.
Nesta
actividade, os nenos participantes sairán dende o seu centro escolar ás
11:30 horas, portando un distintivo conmemorativo e se concentrarán todos na
Praza do Reló.
Alí,
conxuntamente, lerán un manifesto para pór en valor a figura de Rosalía de
Castro. Ademais os nenos e nenas cantarán a canción do poema “Adios ríos, adios
fontes” e, por último, se lerá un poema da nosa escritora máis representativa.
O obxectivo
desta marcha é que os nenos traballen arredor da figura de Rosalía de
Castro.
O Concello de A Guarda quere convidar aos veciños da localidade a gozar desta
actividade.
Outras actividades
A programación
para pór en valor a figura de Rosalía de Castro tamén contaba coa pintada dun
muro que contou coa colaboración dos alumnos de Educación Secundaria.
Ademais o
sábado celebrouse un acto no Centro Cultural no que Manuel Cadilla Rey recitou
algúns dos poemas de Rosalía de Castro e grupos como “Carainas”, “Ghaiteiros do Carreiro” e
“Tremelique”, da Agrupación Cultural Guardesa foron os encargados de pór a música.
O evento foi
presentado por Beti Rey Ferreira.

Ningún comentario:
Publicar un comentario