21 de xan. de 2016

OIA

O CONCELLO DE OIA CONTINÚA CO PROGRAMA DE COMPOSTAXE DOMÉSTICA

E cede gratuitamente un compostador aos veciños que queiran participar no programa




Infogauda / Oia

 A traverso da Concellería de Medio Ambiente, o grupo de goberno municipal ven de informar que o Concello de Oia continúa o programa de compostaxe doméstica. De xeito que cede gratuitamente un compostador aos veciños que queiran participar no programa. 

 Repartirase composteiros ás persoas interesadas que así o soliciten, seguindo unha rigorosa orde de entrada no Rexistro do Concello.

 Os requisitos que deberán cumplir os participantes para poder participar neste programa son os seguintes:
- Ser propietario ou arrendatario dunha vivenda unifamiliar que dispoña de horta ou xardín onde colocar o compostador.
- Comprometerse a utilizar o compostador únicamente para os fins para os que se establece.
- A participar nun curso de formación sobre á utilización do compostador.
- A permitir a visita dos técnicos do concello pàra que comproben o uso do compostador.

 Se alguén precisa máis información pode chamar o teléfono: 986 362 125

 Remesar un correo o seguinte enderezo electrónico: 
aedel@concellodeoia.es

 Ou visitar a Casa do Concello.

Ningún comentario:

Publicar un comentario