22 de xan. de 2016

A GUARDA

O municipio de A Guarda promociónase en FITUR coma un destino turístico de Excelencia Europea

Os representantes guardeses tiveron unha reunión de traballo sobre a redacción do expediente da candidatura do Esteiro do Miño coma Patrimonio da Humanidade da Unesco como Paixase Cultural

A Concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes Álvarez e o alcalde Antonio Lomba Baz, no stand da provincia de Pontevedra, na presente edición de FITUR
Foto: Rosalía Verde Pérez

Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda estivo presente esta semana da Feria Internacional de Turismo de Madrid (FITUR). Da man do alcalde, Antonio Lomba Baz, da Concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes Álvarez e da Técnico da Turismo do Concello, Rosalía Verde Pérez, o municipio guardés estivo presente neste punto de encontro global entre profesionais do turismo.  

 Na xornada do mércores día 20 de xaneiro, os representantes guardeses tiveron unha reunión de traballo sobre a redacción do expediente da candidatura do Esteiro do Miño coma Patrimonio da Humanidade da Unesco como Paixase Cultural. Neste encontro, entre outras cousas, definiron os prazos e o acceso á documentación por parte dos redactores.  

 Ademais mantiveron contacto con distintos touroperadores para incluír a comarca do Baixo Miño nos paquetes e circuítos que ofrecen aos seus clientes. Os representantes do Concello de A Guarda reuníronse tamén con responsables municipais doutros concellos, coma por exemplo Llanes ou Ribadesella, cos que compartiron experiencias e posibles iniciativas coas que potenciar o turismo activo.   
Destinos EDEM  
 O Concello de A Guarda foi convidado ao stand de TurEspaña para acudir a presentación dos Destinos Europeos por Excelencia – EDEM -, dos que A Guarda, forma parte. Neste acto, a Directora Xeral de TurEspaña, Marta Blanco, deu a coñecer as diferentes campañas de promoción para promover o turismo nos distintos destinos EDEM españois. 

 Ademais houbo unha xornada técnica na que os distintos Concellos que teñen este distintivo definiron as liñas de acción dos EDEM para o 2016 por parte da Secretaría Xeral de Turismo.  

 O alcalde de A Guarda, a Concelleira de Turismo e a Técnico do Concello, pecharon a xornada asistindo á presentación da “Eurocidade Tui-Valença”, na que se proxectou un vídeo no que se recordaban os “mil anos” de historia conxunta de ambas cidades.

Ningún comentario:

Publicar un comentario