26 de out. de 2015

MOVEMENTOS SOCIAIS

XULIO VICENTE COMPARECERÁ DIANTE DO XUIZ 

Será o vindeiro mércores día 28 de outubro, ás 9:45 horas, no Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra


Xulio Vicente
Deseño do cartaz e imaxe: Jose Luis García Portela



 José Luis García Portela / Pontevedra

 O vindeiro mércores día 28 de outubro, Xulio Vicente, voceiro da Plataforma do Baixo Miño de Afectados por preferentes e subordinadas, comparece no Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, pola sanción que lle foi imposta durante unha das mobilizacións da súa plataforma.  

 Coma nos outros 40 xuizos que se gañaron, os compañeiros da súa e outras plataformas imos estar ali, amosando o noso apoio.  Ás 9:45 h na rúa Germán Adrio (Baixando dende o Hotel Galicia Palace), en Pontevedra.

Ningún comentario:

Publicar un comentario