26 de out. de 2015

GALICIA

A Xunta alerta dun temporal de nivel laranxa que dará comezo mañá nas provincia da Coruña e Pontevedra 

A Xunta recorda a necesidade de estremar as precaucións, seguir as medidas de protección pertinentes e consultar a súa web www.112galicia.org


Infogauda / Galicia

 A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta alerta dun temporal costeiro de nivel laranxa que afectará o litoral das provincias da Coruña e Pontevedra.  

 Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), espérase a partir das primeiras horas de mañá, mar combinada do oeste e noroeste de 5 a 6 metros que afectará o noroeste, suroeste e oeste da provincia da Coruña e á provincia de Pontevedra. Na costa de Lugo, haberá alerta amarela con mar combinada de oeste e noroeste que pode alcanzar os 4-5 metros.  

 Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos das provincias afectadas; ás deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.  

 Tamén se lle recorda á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

Ningún comentario:

Publicar un comentario