Inscricións abertas para participar na 2ª Xeira Alén Miñor por Terras de Lemos
Álvaro Peralta / Val Miñor
O Instituto de Estudos Miñoranos abre inscricións para participar nunha visita guiada de dous días polas Terras de Lemos nos concellos de Pantón, Saviñao e Sober.
A xeira terá lugar os días 17 e 18 de outubro pernoctando en casas rurais da Ribeira Sacra. O itinerario abrangue entre outras, visitas a patrimonio arquitectónico relixioso de Pantón. Seguirá polo o eco museo de Arxeriz, o arte rupestre da ruta de Vilatán, Igrexa de San Paio de Diomondi. O día seguinte en Proencia das Lendas contemplarase os vestixios castrexos-romanos, casas señoriais e as contornas e vellas paisaxes do río Sil.
Os interesados en participar da Xeira ou recibir máis información deben comunicarse co teléfono 986 360 575 de luns a venres de 18 a 22 horas antes do próximo 1 de setembro. Só sairá un autobús polo que prégase confirmar o antes posible a participación.

Ningún comentario:
Publicar un comentario