4 de ago. de 2015

VAL MIÑOR

Xeira do IEM polo Camiño Real


O punto de encontro será ás 18 hora na Ponte da Ramallosa

A ponte de Ramallosa © Grafos Madrid


IEM / Val Miñor


 Este mércores 5 de agosto teremos unha visita guiada polo Camiño Real coa guía de Anxo Rodríguez Lemos, Antonio Soliño e Carlos Méixome, integrantes do IEM. O punto de encontro será ás 18 hora na Ponte da Ramallosa. A actividade non require inscrición previa.

 As estradas ou camiños reais foron rutas principais de comunicación terrestre, no Antigo Réxime, entre poboacións importantes ou estratéxicas, promovidas ou construídas por intervención rexia.

 Na que nos ocupa fixéronse grandes investimentos e melloras no século XVI. Saía de Baiona e pronto se bifurcaba. Percorrerémola parcialmente e ao longo da camiñada atoparemos espazos e construcións de gran valor histórico e patrimonial para nosa bisbarra.

Ningún comentario:

Publicar un comentario