11 de maio de 2015

A GUARDA

CENTOS DE VECIÑOS E AFILIADOS ACOMPAÑARON Á CANDIDATA POPULAR 

Conchi Ortega explica os eixes do seu programa, centrado na creación de emprego a través do turismo  

Feijoo e Louzán arrouparon á candidata nun mitin celebrado na tarde de onte en Camposancos

Conchi Ortega Martínez, candidata á Alcaldía de A Guarda polo Partido Popular, flanqueada por Alberto Núñez Feijoo e Rafael Louzán Abal, presidente do Partido Popular de Galicia e de Pontevedra, respectivamente

Infogauda / A Guarda

 A candidata do Partido Popular á Alcaldía de A Guarda, Conchi Ortega Martínez explicou nun mitin celebrado na tarde de onte en Camposancos, os eixes do seu programa, unha explicación que acompañou cun vídeo no que se amosaban algunhas das propostas dos populares.

 A candidata popular estivo arroupada polo presidente do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, e polo presidente provincial, Rafael Louzán ademais da asistencia de centos de afiliados e veciños.


Nas imaxes pódese apreciar o ambente que presentaba o salón do Hotel El Molino onde tivo lugar o acto electoral do Partido Popular 

 Ortega afirmou que "(...) entre as prioridades do Partido Popular destaca fomentar as condicións para crear emprego a través do Turismo e priorizar os servizos sociais, en particular preocúpanme as persoas en risco de exclusión e o futuro das persoas con discapacidade”.

 Incidiu ademais na necesidade de "(...) darlle unha saída sur ao porto, acabar a circunvalación do Monte de Santa Trega, a gran área recreativa infantil e o pavillón polideportivo (...)".

 Esta última proposta recolleuna o presidente provincial do PP de Pontevedra, Rafael Louzán, quen se comprometeu "(...) a construir un pavillón polideportivo, merecido polos éxitos do deporte guardés (...).

 Louzán explicou que "(...) se non houbo ata o de agora máis investimento da Deputación foi pola falta de iniciativa e proxectos do actual goberno local. E explicou que se perderon preto de 600.000 euros para investir no Monte de Santa Trega pola falta de interese amosada polo equipo de goberno (...)".

                               
 Conchi Ortega Martínez e Alberto Núñez Feijoo recibindo as aclamacións dos cidadáns que asistiron o mitin dos Populares de A Guarda  

 Pola súa parte, o presidente rexional do partido pediu "(...) o apoio para o novo equipo do Partido Popular, e en especial pediu a confianza de todos aqueles veciños que noutras convocatorias electorais si votan ao Partido Popular (...)".

 Asegurou ademais que "(...) o Partido Popular non participa en coalicións poselectorais de perdedores, “só gobernaremos se gañamos as eleccións”.

 Recordou ademais que "(...) como conselleiro na etapa do Goberno de Manuel Fraga impulsou o proxecto do vial de A Guarda a Goián que máis tarde paralizou o bipartito, aínda estando en época de bonanza económica, e que se recuperou co goberno do PP na Xunta (...)".


Ningún comentario:

Publicar un comentario