10 de mar. de 2015

OIA

CONSTITUCIÓN DA AGRUPACIÓN LOCAL DE CONVERXENCIA GALEGA EN OIA   

José Manuel Romero Martínez “ROMERO”    
 Responsable Local de CONVERXENCIA GALEGA  

 Despois de diversas reunións, o pasado día 8 de marzo nunha xuntanza celebrada en Viladesuso, acordouse constituir a Agrupación Local de Converxencia Galega, nomeando como responsable nesta localidade a José Manuel Romero Martínez “ROMERO”.

 Así mesmo, é intención desta organización política, presentarse as vindeiras eleccións municipais, polo que nestes momentos, están mantendo unha serie de reunións e entrevistas con grupos e persoas dos distintos barrios e parroquias do Concello de Oia.  

 Converxencia Galega quere presentarse como unha alternativa seria, para afrontar sen medo e con ilusións os retos máis importantes que ten este pobo, a fin de axudar a darlles solucións:    

   1º.- FRENA-LO PROCESO EMIGRATORIO

 Nos derradeiros 30 anos, Oia ten perdido máis do 5% da súa poboación, provocada fundamentalmente pola falta de postos de traballo, forzando que a maioría da súa xuventude teña que marchar a outros lugares buscando unha alternativa de futuro, e así evitar que Oia se convirta nún sitio de xente maior, xubilados e un pobo sen aspiracións. 

 2º.- SANEAMENTO DAS FINANZAS MUNICIPAIS

 Nestes anos de crise económica, os ingresos municipais, teñen caído case un 30%, bastante máis que nos pobos veciños, pero no noso pobo parece que non pasa nada, pois non se tomaron medidas de control de gastos, pero os mesmos aumentaron case un 40% (+ 300.000€) O que demostra o desbaraxuste existente, e do que nos pretendemos poñer en orden e o diñeiro que se gaste sexa en beneficio dos/as veciños/as. 

  3º.- REAXUSTE SALARIOS DA CORPORACION

  Dende Converxencia Galega nos comprometemos a unha importante rebaixa salarial dos membros da Corporación Municipal, tanto do Alcalde como dos Concelleiros/as acorde ca situación de crise económica que vivimos.

4º.- MEDIDAS DE CONTROL E AFORRO DOS GASTOS PÚBLICOS 

 Estamos elaborando o Programa Electoral no que reflexamos unha serie de medidas de aforro, tanto enerxético como de custes en servicios que pretendemos mellorar para que cheguen a maior cantidade de veciños/as, que sexan de mellor calidade, e se extendan polos barrios e parroquias do Concello. 

 Os compoñentes da Agrupación de Converxencia Galega, somos realistas, polo que non imos a prometer cousas que non sexan realizables, nos nos comprometemos a traballar arreo con ilusión e con esforzo diario, con transparencia e comunicación directa entre o concello e os/as veciños/as, xa que somos xente coma tí, xente que aspiran  a que o noso pobo mellore e nosos fillos/as teñen a oportunidade de desenrrolar o séu futuro no noso pobo.  

 Iniciamos este camiño con ilusión para cambiar o rumbo que leva nestes momentos Oia, xa que tal e como van as cousas, non hai futuro, nin esperanza.

 Pretendemos que dunha vez por todas o Concello sexa a casa de todos/as, sen privilexios nin “amiguismos”.

                        Oia a 10 de marzo do 2.015

               José Manuel Romero Martínez “ROMERO”
             Responsable Local de Converxencia Galega
(R.)

1 comentario:

  1. Animo> Romero que todos estamos contigo
    Dende Nova Iorque mandamoste unha aperta. Koki e Loli

    ResponderEliminar