16 de set. de 2014

TECNOLOXÍA

Puntogal, a piques de abrir novas fases para o rexistro de dominios


Presentación das primeiras 93 webs que empregarán o dominio .gal 
CC BY-SA Praza Pública

O pasado 24 de xullo presentábanse en Compostela as primeiras 93 webs con dominio .gal, as denominadaspioneiras. Eran as primeiras de moitas, abrían un camiño que, seguindo os prazos previstos pola ICANN, tería que percorrer varias fases e procesos. Entre elas as que nos vindeiros días se van abrir: Abrente (sunrise) e Carreira (landrush). Será en decembro cando chegue a derradeira fase, a fase aberta, na que calquera poderá rexistrar un enderezo de forma inmediata.

Ningún comentario:

Publicar un comentario