18 de maio de 2014

A GUARDA

¡EXCELENTE TARXETA DE PRESENTACIÓN!




Namentras cada vez que un veciño solicita unha licencia de obra na que ten que tocar nalgunha  parede, fáise un “martilleo” na obriga  de “loitar contra o feísmo” polo que é obligatorio que se luzca e pinte a mesma. Ese discurso, repítese permanentemente polo Departamento de Urbanismo.

O exposto anterior, sería unha boa xestión, sempre e cando fose obligatorio para todos, pero polo que se ve, “adepende” si é da “casa” non ten problema, si é dos que son asesorados por “persoal municipal”, dependente de Urbanismo, pode facer o que queira que tampouco vai ter problemas. Como comenta o pueblo: ¡No concello de A Guarda, hai blancos e negros! Ou o que é o mesmo, funciona a Lei do Embudo.

Pero é máis, por ese lugar acceden tódolos días cos séus vehículos cando van para o concello, o Equipo de Goberno, os funcionarios e Policía Local, e é posible ¿Qué ninguén se entere? ¡A fachada do colexio non e pequena!

Cando se trata dun ben de interés cultural, cando se trata de proteger unha parte da Historia de A Guarda, ¿Non precisa autorización de Patrimonio?

A deixadez e “mirar para outro lado” no que son especialistas os Concelleiros/as do P.S.O.E, veñen a demostrar unha vez máis que o séu proxecto e interés por facer algo polo pobo de A Guarda non existe e somentes están a espera de que se esgote o tempo desta legislatura, sin importar o retroceso industrial, comercial e hostelero local que estamos sufrindo, leve ao peche de moitos negocios e a emigración de un bó número de veciños/as.

Para mostra un botón, xa que seguimos mantendo que unha imaxe dí máis que mil palabras, os feitos son tozudos e non dan ocasión de desmentir o que se está informando o pobo en xeral.

A Guarda, a 15 de Maio  do 2.014

Xosé María Martínez Rodríguez “Chechu” 
Responsable Local de Converxencia Galega   

     Sr. Alcalde-Presidente do Concello de A Guarda   
(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario