15 de out. de 2013

O ROSAL

A AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL ORGANIZA UN SERÁN E UN CONCERTO DE CORAIS

- O Serán será o sábado 19 de outubro, a partires das 22:00 h., na Praza do Calvario

- E o Concerto de Corais o domingo 20 de outubro, ás 19:00 h. no Auditorio do Rosal



Dende a Agrupación Musical do Rosal queremos convidarvos os actos que temos organizados para este fin de semana.
SERÁN: O sábado día 19a partires das 22,00 h. na Praza do Calvario do Rosal, moita música tradicional e chourizos e viño de valde: Para rematar a noite tamén chocolate (teremos carpa por se o tempo non acompaña).

CONCERTO DE CORAIS: Con motivo do 9º aniversario da Coral da Agrupación Musical do Rosal, terá lugar este domingo 20 de outubro ás 19,00 h. no auditorio do Rosal, un concerto no cual participarán o Coral Polifónica Queixumes do Hío (Cangas), Coral Polifónica Eumesa (Pontedeume) e a Coral da Agrupación Musical do Rosal.

Esperámosvos no Rosal!!
Agrupación Musical do Rosal

Ningún comentario:

Publicar un comentario