20 de out. de 2013

A GUARDA


 O GRUPO MUNICIPAL CONVERXENCIA GALEGA ADVIRTE DA CAÍDA DE CASCALLOS SOBRE A RUA SECUNDINO MELON                                               
                

O remate da rúa Secundino Melón, na intersección ca r/ Pacífico Rodríguez, a veira dos contenedores de lixo, o pasado día 15, sendo as tres da tarde, desprendéronse un tramo da fachada traseira do voadizo, caíndo os cascallos nos arredores dos contenedores.                 

            Facendo unha inspección visual, atopamos que unha parte do voadizo do edificio, xa ten varias áreas que se desprenderon fai algún tempo, e o ferro que forma parte dos elementos estructurais do formigón están o descuberto, nun estado de corrosi´´on evidente.

Dado que o risco pode incrementarse neste inverno, vimos a solicitar que por parte do Departamento de Urbanísmo, se proceda a levar a cabo unha inspección de seguridade de dita zona do edificio, para evaluar o séu estado de conservación, e evitar novos desprendementos, tomando as medidas oportunas, escomenzando por desplazar e/ou reubicar ditos contenedores, a fin de evitar que os usuarios dos mesmos corran riscos innecesarios.

A  Guarda  a 17 de Octubro do 2.013


Rexistro de Entrada nnº 5.651
Data de Rexistro: 17-10-2.013


Beatriz Estévez Álvarez




Sr. Alcalde-Presidente  do Concello de A Guarda 

Ningún comentario:

Publicar un comentario