19 de out. de 2013

A GUARDA

O cantautor Tino Baz ofrece um concerto no Centro Cultural d'A Guarda (Galiza)  


José Manuel Díaz Cobal / A Guarda

O Centro Cultural d'A Guarda será o escenario que acolha este sábado 19 de outubro, a partires das 20.00 h, o concerto de Tino Baz. Baixo o nome de “A VOZ NA MEMORIA” o artista tocará pezas habituais do seu repertorio, xunto con outras obras novas que serán um adianto do disco que presentará o ano próximo. 
 Baz estará arroupado en todo momento por um conxunto d'imaxes antigas d'A Guarda, recuperadas do proxecto “Socheo”, e que serám as encarregadas de cria-lo ambiente adecuado p'ra umha actuaçom mui próxima e persoal, mostra do seu bo facer das raíces populares.   
Contarase com diferentes colaboraçoms que intervirám durante o transcurso do concerto. As voces de Rocío Leiro e a súa irmá Carmen, Moisés Quintas á guitarra, Alex Ríos (pianista) e Nachito (que como destacou o propio Tino “é um percusionista mui querido na vila d'A Guarda”).  
 O autor enmarca a actuaçom dentro da linha de cantautor. “Terá umha forte carrega intimista e destacará pola súa calidez”. Proposta que fai referença ó que están facendo e ó que queren facer num futuro inmediato.

Ningún comentario:

Publicar un comentario