19 de out. de 2013

A GUARDA

A ASOCIACIÓN RECUPERACIÓN TRAXE GALEGO, DE A GUARDA E A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA FIXERON POSÍBEL UNHA EXCURSIÓN POR TERRAS DO UMIA

Compoñentes da Asociación Recuperación Traxe Galego, de A Guarda e veciñas/os deste concello, visitaron a antiga azucreira de Portas. Fotos: Ana Barreiro Fresco

Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda


A traverso do programa "Coñece a túa provincia", promovido pola Deputación Provincial de Pontevedra, a Asociación Recuperación Traxe Galego, de A Guarda, levou a bo termo no día de onte, unha excursión guiada, por concellos do Val do Umia, na que participaron compoñentes da devandita asociación e veciñas/os de A Guarda.
Os excursionistas visitaron en primeiro lugar a vella a antiga factoría da Azucreira, existente no termo municipal de Portas, e que hoxendía alberga: Galescola, Centro de día, Sá de Exposicions e Auditorio Municipal.
A xeito de benvida, os visitantes tiveron oportunidade de ollar unha presentación dos lugares máis emblemáticos do concello de Portas. 

Unha das obras de Manoli Barros que se expoñen no Museo Permanente de Casas de Muñecas, na Azucreira de Portas (Foto: Ricardo Rodríguez Vicente)

Deseguido puideron coñecer o Museo Permanente de Casas de Muñecas, pertencente á Fundación Manoli Barros. Asemade, ás persoas que quixeron, subiron o miradoiro da Azucreira, situado na parte superior de cheminea, ó que se accede a través das escadas exteriores e o novo ascensor instalado no seu interior, pudendo contemplar á fermosa paisaxe de Portas, por onde transcorre o Camiño Portugués, cara á Compostela.

                      A Azucreira de Portas (Foto: Ricardo Rodríguez Vicente)

Rematada á visita a Azucreira de Portas, á delegación de A Guarda, saiu en dirección á Castrolandín, no termo municipal de Cuntis. Trátase de un castro de finais da Idade de Ferro, con una cronoloxía que vai desde comenzos do século II antes de Cristo e abandoado a finais do século I despois de Cristo. Cóidase que no intre final da cultura castrexa puido estar habitado por unhas 100 persoas.

 Panel informativo en Castrolandin (Foto: Ricardo Rodríguez Vicente)

O poboado presenta un profundo foxo, e un monumental parapeto de terra coroado por unha muralla pétrea.
Foi excavado parcialmente en 2004, documentándose restos de 18 construccions diferentes, das cales pódense contemplar unha decena, en tres sectores de excavacions.
De Castrolandín os viaxeiros foron ata Caldas de Reis. Na vila termal, algúns guardeses achegáronse o vello cemiterio, para visitar á sepultura de Dna. Margarita Mosquera Trapote (Viuva de D. Emilio Rolán Vicente, médico e irmán do poeta Feliciano Rolán).

 Parque-Xardín Botánico e Carballeira, de Caldas de Reis (Foto: Ricardo Rodríguez Vicente)

Deseguido .coñeceron o Parque-Xardín Botánico e Carballeira, a carón do río Umia; así como a Fonte das Burgas, que presenta dous canos ornamentados con cabezas de león, dos que sai auga termal, de propiedades curativas, a uns 45º c. A seu carón, atópase o Balneario Dávila.

Latada de viña na terraza do Restaurante Roquiño, de Caldas de Reis (Foto: Ricardo Rodríguez Vicente)

Algúns visitantes percorreron o centro da vila para achegarse a Cafetaría e Restaurante Roquiño, na rúa Mateo Sagasta, nº 25, onde conversaron con Manuel Piñeiro Conde e súa dona, e degustaron unhas saborosas fabas con marisco. 
A continuación, á delegación guardesa ademirou a Ponte Bermaña, de orixe romana (século I), pola cal pasa o camiño portugués da ruta xacobea. A un paso desta ponte, atópase o Balneario Acuña.
Logo da visita á Caldas de Reis os excursionistas irían ata Meis, onde xantarían no Restaurante - Parrillada Umia. 

Vista parcial do Espazo Natural "Río Barosa" (Foto: Ricardo Rodríguez Vicente)

Pola tarde visitarían o Espazo Natural "Río Barosa", onde existe un pintoresco conxunto etnográfico-medioambiental, formado por 12 muiños de auga, situados en cascada e un sendeiro circular, así como dúas pontes de madeira, instalacións hostaleiras e servizos públicos. 
Debido a choiva e por motivos de seguridade, á visita foi máis curta do previsto inicialmente, polo que á seguinte parada xa sería en Pontevedra. 

Clan familiar na exposición "Neolítico, de nómadas a sedentarios" (Foto: Ricardo Rodríguez Vicente)

Na capital da provincia, a exposición "Neolítico, de nómadas a sedentarios", ubicada nunha carpa situada na Alameda de Pontevedra, sería á ultima actividade cultural da que disfroitaron os excursionistas, para a continuación, e logo de facer algunhas compras en estabrecementos da fermosa cidade, coller novamente o autobús para retornar ata A Guarda, culminando satisfactoriamente unha xornada de convivencia, na que os participantes aportaron un total de 10 euros por persoa e a Deputación de Pontevedra, o importe restante.
Información actualizada ás 18:30 h. do 19.10.2013.

Ningún comentario:

Publicar un comentario