Alternativa Galega de Esquerda quere ser a ponte que leve as propostas da sociedade civil ao Parlamento
Xosé Manuel Beiras “os partidos dinamitaron as pontes coa sociedade e convertéronse en aparatos quebrados”
O profesor Xosé Manuel Beiras defendeu Alternativa Galega de Esquerda como a ferramenta ponte para levar as propostas da sociedade civil ao Parlamento.
Yolanda Díaza, avogada ferrolá, dixo: “A democracia non é soamente votar cada catro anos, a democracia é ter dereito a unha vivenda digna, a un traballo, a un salario digno, dereito a sanidade, ter dereitos”.
Xosé Manuel Beiras e Yolanda Díaz visitaron Vigo para apoiar aos cabezas de lista por Pontevedra, Juan Fajardo e Chelo Martínez, nun acto de campaña no Centro Cultural Caixanova que superou tódalas previsións de asistencia, o que non evitou que novamente centos de persoas optasen por congregarse nas portas para escoitar o discurso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario