10 de out. de 2012

TRIBUNA ABERTA

POLOS QUE MARCHAMOS

                                                   Iago R.-Lestegás Tizón · Arquitecto ETSAM
                                                   Agora en Buenos Aires · Sempre en Galiza


Hai tres meses emigrei ao mesmo país ao que hai sesenta anos emigraran os meus avós. E hoxe, nunha anodina oficina de correos, votei. Votei coa decepción dun mozo que se esforzou por facer ben todo aquilo que “había que facer” e recibiu como premio o convite a coller o seu título e liscar do país. Votei coa rabia dun rapaz que ve a un feixe de vacas sagradas manexar con impunidade os destinos de millóns de persoas a beneficio dos seus escuros e corrosivos negocios. 
LER MÁIS 

Ningún comentario:

Publicar un comentario