CONVERXENCIA GALEGA CONSTATA Á EXISTENCIA DE PUBLICIDADE TURISTICA ENGANOSA
PUBLICIDADE TURISTICA ENGAÑOSA
Por parte do noso Concello, estase repartindo
publicidade turística, donde, nalgúns puntos, dícense “medias verdades” sobre o
calendario de festas locais, xogan o “despiste” situación, na que non fala
moi ben, dunha localidade, que ten como futuro a profesionalización turística,
tal e como sinalan, de Interese Turístico e Destino de Excelencia Turística
(EDEN)
Cómo se pode atraer
visitantes A Guarda, anunciando a MOSTRA
DE TRADICIONS MARIÑEIRAS si é feita polo Concello é este ano NON SE ORGANIZOU, e xa se sabía a súa
desaparición dende o ano pasado?
Será que están equivocados
os veciños, e acuden os fins de semán (1º e 3º
de agosto) –sábado e domingo- as
Festas de San Queitano e San Roque?
Non foi superado o debate
sobre as Festas da Guía? Xa fai anos que se pasaron o fin de semán más próximo
o día 8 de setembro.
No dos hoteis e
restaurantes, tamén podemos falar dos enderezos que se anotaron, así como
“algún recomendado” aparece nos dous renglóns, cando se foran negocios
distintos, situación que non se lles aplica a outros.
Cómo é posible, que en tan
pouco espacio de textos e comentan tantos erros? Nalgúns casos, consideramos
que son intencionados, se xoga no despiste, pero quen ten que valoralo son os
guardeses, que neste folleto turístico pode atopar máis “cousas” que falan moi
ben de quenes dirixen os destinos.
Non debemos esquecer, que
esta publicidade tamén está exposta nas redes sociais, polo que a información
“errónea” se está difundindo a tódalas partes.
Polo exposto, dende
CONVERXENCIA GALEGA, vimos a solicitar que se proceda de maneira urxente a
retirar ditas guías, que o único que provocan é confusión e malestar a quenes
nos visitan.
A Guarda a 8 de Octubro de 2.012.
REXISTRO DE ENTRADA Nº 6381
DATA: 09 DE OCTUBRO, 2012
Celso R. Fariñas


Ningún comentario:
Publicar un comentario