10 de out. de 2012

A GUARDA



CONVERXENCIA GALEGA ADVIRTE DA PERIGOSIDADE EXISTENTE POLA PRESENZA DE CANS DE DIVERSAS RAZAS, SOLTOS E SEN BOZAL, COA PERMISIVIDADE DO GOBERNO MUNICIPAL


PERIGOSIDADE NA ZONA DO PASEO MARITIMO

               Si xa durante o verán sucederon varios casos sen que dende o Concello se tomase alguna medida para arranxar esta problemática, agora, ainda que a presencia de animais é menor pola ausencia de turistas, os riscos e perigosidade aumentan a cotío sen que ninguén tome cartas no asunto.
A presencia a tódalas horas de cáns de diversas razas, soltos e sen bozal polo Paseo Marítimo e polas instalacións portuarias sen ningún tipo de control, xa ten traído varios sustos, que por sorte, de momento, non foron a maiores.
A cantidade de escrementos nas zonas axardinadas, de xogo, e mesmo no paseo, está facendo que nalgúns casos, especialmente, os críos, reciban “condecoracións”.
Xa escomenza a ser “habitual” as pelexas entre cáns, e ainda máis, a “caza de gatos” entre as pedras dos espigóns, ou entre as gamelas, aparte dos riscos para os paseantes, e mesmo para os propietarios dos animais, especialmente dos máis pequenos, `pode provocar en calquer momento unha altercado grave, a veces, tamén entre os donos.
Dado que buscar unha zona adaptada para cáns, según resposta do Equipo de Goberno Municipal, NON E UNHA PREFERENCIA nestes momentos, a lo menos, teñen a obriga de cumplir e facer cumplir a lexislación vixente, especialmente en accións preventivas que poidan poñer en risco a integridade dos maiores e fundamentalmente dos nenos que acuden a estas zonas da localidade.

A Guarda, a 09 de Octubro do 2.012


REXISTRO DE ENTRADA Nº 6382
DATA: 09-OCTUBRO-2.012



                Celso R. Fariñas



Ningún comentario:

Publicar un comentario