CONVERXENCIA GALEGA ADVIRTE DA PERIGOSIDADE EXISTENTE POLA PRESENZA DE CANS DE DIVERSAS RAZAS, SOLTOS E SEN BOZAL, COA PERMISIVIDADE DO GOBERNO MUNICIPAL
PERIGOSIDADE NA ZONA DO PASEO MARITIMO
Si xa
durante o verán sucederon varios casos sen que dende o Concello se tomase
alguna medida para arranxar esta problemática, agora, ainda que a presencia de
animais é menor pola ausencia de turistas, os riscos e perigosidade aumentan a
cotío sen que ninguén tome cartas no asunto.
A presencia a tódalas horas de cáns de diversas
razas, soltos e sen bozal polo Paseo Marítimo e polas instalacións portuarias
sen ningún tipo de control, xa ten traído varios sustos, que por sorte, de
momento, non foron a maiores.
A cantidade de escrementos nas zonas axardinadas,
de xogo, e mesmo no paseo, está facendo que nalgúns casos, especialmente, os
críos, reciban “condecoracións”.
Xa escomenza a ser “habitual” as pelexas entre
cáns, e ainda máis, a “caza de gatos” entre as pedras dos espigóns, ou entre as
gamelas, aparte dos riscos para os paseantes, e mesmo para os propietarios dos
animais, especialmente dos máis pequenos, `pode provocar en calquer momento
unha altercado grave, a veces, tamén entre os donos.
Dado que
buscar unha zona adaptada para cáns, según resposta do Equipo de Goberno
Municipal, NON E UNHA PREFERENCIA nestes momentos, a lo menos, teñen a obriga de
cumplir e facer cumplir a lexislación vixente, especialmente en accións
preventivas que poidan poñer en risco a integridade dos maiores e
fundamentalmente dos nenos que acuden a estas zonas da localidade.
A
Guarda, a 09 de Octubro do 2.012
REXISTRO DE ENTRADA Nº 6382
DATA: 09-OCTUBRO-2.012
Celso R. Fariñas
Ningún comentario:
Publicar un comentario