25 de ago. de 2012

VAL MIÑOR


Posted: 24 Aug 2012 02:57 PM PDT
ccoo-paradores
Os traballadores do Parador Nacional de Baiona volverán a manifestarse ás portas da fortaleza ante a decisión da empresa de retardar as negociación do convenio colectivo ata o 3 de setembro. Por outra banda o sindicato volverá a esixir durante a mobilización o reintegro da traballadora despedida "por causas obxectivas", no marco da Reforma Laboral. A concentración terá lugar este sábado 25 de agosto ao mediodía.


 
Posted: 24 Aug 2012 02:11 PM PDT
parque-parada
O portavoz de UPyD-Nigrán, Jorge Sanromán, responsabilizou nesta xornada ao Concello de Nigrán polo que cualificou como "o lamentable estado xeral" dos parques infantís do municipio, e en particular o que está situado na parroquia de Parada, na rúa Porto do Molle.


 
Posted: 24 Aug 2012 01:48 PM PDT
tenis
As instalacións deportivas municipais Dunas de Gaifar, en Panxón, albergarán desde o vindeiro sábado 25 de agosto e ata o vindeiro sábado 1 de setembro o XXIII Torneo de Tenis Concello de Nigrán Trofeo Talesport-Balneario de Mondariz. Nesta edición participarán máis de 200 tenistas federados e non federados, desde benjamines ata veteranos. Os afeccionados a este deporte poderán gozar de partidos de tenis desde este sábado 25 a partir das 9.00 horas e ao longo de toda a semana. A final terá lugar o 1 de setembro ás 18.00 horas.


 
Posted: 24 Aug 2012 01:42 PM PDT
ordandor taza_boli
Dende a Concellería de Igualdade do Concello de Gondomar e través do Centro de Información á Muller (CIM), ponse en marcha a nova oferta formativa baixo a modalidade de FORMACIÓN ON-LINE. Este tipo de formación baséase nunha metodoloxía flexible coa que se leva traballando estes cinco últimos anos.


 
Posted: 24 Aug 2012 01:33 PM PDT
As carencias de servizos nalgúns cemiterios do municipio de Gondomar empezan a ser obxecto de actuacións por parte do Concello. Nese senso, a Concellaría de Medio Ambiente e Servizos anuncia que no que va do 2012 foi proporcionado subministro eléctrico e auga municipal ao campo santo de Donas e electricidade no de San Cibrán, dando cumprimento a reclamos efectuados polas comisións veciñais desas localidades.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario