20 de ago. de 2012

PONTEVEDRA

O POPULAR ACTOR FEDERICO PÉREZ, “JOSITO” EN “PADRE CASARES”, E O XORNALISTA, TERIO CARRERA, PRESENTAN O  DÍA 21 ÁS 21:00 HORAS AS ACTIVIDADES DA VOLTA CICLISTA EN PONTEAREAS


No acto, aberto ó público, sortearanse obxectos de merchandising



O popular actor Federico Pérez, que da vida ó personaxe de "Josito" na serie "Padre Casares" e o coñecido xornalista deportivo da TVG, Terio Carrera, serán os encargados de presentarlle ó público o trazado da Volta Ciclista a España ó seu paso pola provincia de Pontevedra, así como as actividades paralelas a esta cita deportiva de ámbito nacional.
A actividade terá lugar o martes, 21 de agosto ás 21:00 horas na praza do Auditorio Reveriano Soutullo. A presentación consistirá nun evento aberto ó público no que se proxectarán vídeos multimedia sobre as distintas etapas da volta; sobre os atractivos turísticos e peculiaridades das distintas localidades polas que pasará o pelotón; así como sobre as actividades que a Deputación Provincial está a impulsar para implicar a toda a cidadanía na que será a edición número 67 da Volta Ciclista a España.
Durante esta presentación, aberta ó público de todas as idades, sortearanse lotes de produtos de merchandising tales como pulseras da Volta Ciclista a España, camisetas, gorras, etc. Terio Carrera e Federico Pérez interactuarán cos asistentes ós que lles farán preguntas, entrevistas, comentarios, chistes e humor para animar ó público.
  
Presentacións en Ponteareas e Sanxenxo
A presentación da volta a cargo de Federico Pérez e Terio Carrera celebrarase tamén e coas mesmas características o mércores 22 de agosto ás 21:00 horas na praza dos Barcos en Sanxenxo.

Concerto de Xoel López o día 24 de agosto no Museo do Mar
Entre as actividades que se van a difundir neste acto público estarán os concertos gratuítos que se programaron co gallo da volta.
O primeiro terá lugar tamén no Museo do Mar en Vigo, o día 24 de agosto ás 22:00 horas. Tocará Xoel López, un dos artistas máis representativos da escena independente en España. Aínda que sempre se moveu entre os sons do pop-rock indie e o folk dos 60, el defínese como un artista libre.
O segundo concertó “Música na Volta” celebrarase o sábado, día 25 ás 20:45 horas na praza da Palma en Baiona. Tocarán We are estándar, Carmen Jones, Dirty Socks, e Iván DJ.
O último concerto da Volta Ciclista terá lugar o mércores día 29 ás 20:45 horas no parque da Xunqueira de Vilagarcía. Neste caso tocarán El columpio asesino, Eladio y los seres queridos, Moon Cresta, Amable DJ, e Ivan DJ.

Ningún comentario:

Publicar un comentario