21 de xul. de 2012

O ROSAL

Funcionamento da serra hidráulica alternativa de Marzán

moltna

Despois de traballar no proxecto da serra hidráulica alternativa de Marzán, no Rosal, durante moito tempo, por fin podo vela en funcionamento. Estou case seguro que é a única deste tipo que funciona en Galicia. Este enxeño é unha gran oportunidade para o Concello do Rosal como atractivo etnográfico potenciando ao conxunto dos muíños do Folón e Picón. 

A información do traballo que deu lugar á restauración desta serra pode consultarse eiquí.

Ningún comentario:

Publicar un comentario