21 de xul. de 2012

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA CUESTIONA Á UTILIDADE DA CAMPAÑA MUNICIPAL ANTI-ALCOL


Dende fai uns días está a ser repartido pola nosa localidade por persoal do Concello vencellado a Oficina de Xuventude, un díptico que alomenos ollando os anagramas das institucións que a impulsan: Xunta e Concello.

Unha campaña, que como todas ten a súa parte positiva, e máis nestes momentos, pero o que non ten moita lóxica é que por unha banda se faga a campaña e logo a publicidade se deixe nos bares, e arrimar o lume a veira da gasolina, ademais de que logo deixamos abertamente levar a cabo o botellón na Alameda e nos días extraordinarios se pon a disposición dos xóvenes as instalacións da Estación de Autobuses.


Débese ter en conta, que para “potenciar” o contrario do que se intenta facer ca campaña, atopamos que a publicidade choca ca deixadez municipal en canto a facer respetar os horarios de funcionamento dalgúns negocios ou a ausencia de quenes deberan manter a orden e respeto, especialmente a propiedade privada, motivo polo cal, os veciños, cada pouco teñen que arranxar baixantes, timbres, buzóns e outros implementos, non debemos esquecer que somos a terminal do desplazamento do noitebús dalgúns concellos próximos.

Seguimos reiterando que unha imaxe vale máis que mil palabras, e por iso amosamos o díptico que se está repartindo por bares, pubs, cafeterías e discotecas da localidade, os cales unha vez da a volta a persoa que a reparte, vai directa a papelera, xa que consideran que non van repartir propaganda que afecta a “boa marcha” do negocio.


A Guarda, a 20 de xullo do  2.012
  

Celso R. Fariñas
  

Sr. Alcalde-Presidente
CONCELLO DE A GUARDA

Ningún comentario:

Publicar un comentario