21 de xuño de 2012

PONTEVEDRA


DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA 

PREVISIÓNS INFORMATIVAS

VENRES, 22 DE XUÑO DE 2012

AXENDA DO PRESIDENTE, RAFAEL LOUZÁN

-10:00 horas……………Xunta de Goberno.

-11:30 horas…………….Rolda prensa para dar conta dos acordos adoptados na  Xunta Goberno. Na sala de prensa da Deputación.

-17:30 horas………….O presidente da Deputación, Rafael Louzán, e a deputada, Ana Vázquez, asisten ó acto de inauguración da ponte das Correntes en Pontevedra que contará coa presenza do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores; e doutras autoridades e veciños da cidade. Na Ponte das Correntes, Pontevedra.

-19:30 horas…………..Clausura do Congreso Nacional de Secretarios Xudiciais nun acto no que intervirán o Ministro de Xustiza, Alberto Ruíz-Gallardón; o presidente da Deputación, Rafael Louzán; o secretario do Colexio Nacional de Secretarios xudiciais, José Golderos Cebrián; o Secretario Técnico da EUR, Thomas Kappl; o vogal do Consello Xeneral do Poder Xudicial, Antonio Dorado Picón; e o presidente do Colexio Nacional de Secretarios xudiciais D. Rafael Lara Hernández. No Salón Nobre do Pazo Provincial.

-21:30 horas…………O presidente da Deputación, Rafael Louzán, asiste ó acto de entrega dos premios que concede o colectivo “Fillos e Amigos da Estrada” presidida por Alfonso Varela Durán e recibe a insignia de Ouro da entidade. Salóns do Recreo Cultural (Casino) en Montecelo, A  Estrada.
  
AXENDA DOS VICEPRESIDENTES E DEPUTADOS

-12:30 horas…………… A deputada provincial, Marta Iglesias, participa na rolda de prensa de presentación da Semana Grande de Arcade xunto co alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, co presidente da Asociación de Empresarios Arcade e Soutomaoir, Andrés Cal e co coordinador de Turismo Rías Baixas, Ernesto Santiago. Na sede da Deputación en Vigo, rúa Oporto.

-13:30 horas……………A deputada, Marta Iglesias, asiste en Ourense á Xornada de Debate sobre o Futuro das Provincias. No Centro Cultural "Marcos Valcárcel" de Ourense.

-16:30 horas……………O deputado provincial, Alberto Pazos, asiste á  XVII Festa de verán do Centro Atención de Persoas Discapacitadas. No Centro Atención de Persoas Discapacitadas de Redondela.

-19:00 horas…………… A deputada, Marta Iglesias, asiste á inauguración das "Xornadas de actualización e perfeccionamento do Balonmán". Na Casa do Deporte (C/ Luis Ksado, 17), Vigo

-19:00 horas……………O vicepresidente da Deputación, Xosé Crespo, asiste xunto co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, á inauguración da Rúa Galicia 6ª Provincia en Mondariz e a unha homenaxe ó expresidente da Xunta, Gerardo Fernández Albor. Punto de encontro na Casa do Concello de Mondariz Balneario.

Ningún comentario:

Publicar un comentario