5 de xuño de 2012

PONTEVEDRA


LOUZÁN PRESENTOU OS PRESUPOSTOS , CIFRADOS EN 152 MILLÓNS DE EUROS, 15,7 MÁIS QUE O ANO PASADO
·        Recollen unha inversión en concellos de 51 millóns
·        Os gastos de personal redúcense en 4,4 millóns
 ·       Reducen a débeda en 12,6 millóns e, según Louzán, en seis anos a institución liquidará a súa débeda
·        Adelgazan a Administración suprimindo todos os organismos autónomos e non cubrindoprazas por xubilacións, algo que ven a sumarse ás 50 prazas amortizadas e non cubertas nos dous últimos anos

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, acompañado polos vicepresidentes José Manuel Figueroa e Xosé Crespo, presentou hoxe os orzamentos da institución para o ano 2012 que acadan os 152,7 millóns de euros, 15,7  máis que o ano pasado.
Según explicou Louzán en rolda de prensa “son os presupostos para un novotempo e para unha Nova Deputación austera eaxustada; orientada aosconcellospequenos e medianos e facilitadora de servizos; que combina o rigor presupuestario cos incentivos ao consumo e á inversión; que orienta o gasto a inversiónsprodutivas e a crear emprego; que mantén o gasto social, no deporte, na cultura, etc.; e que restrinxe gasto público nas partidas non produtivas”, resumiu.
Frente aos 137 millóns do orzamento de 2011, o presuposto consolidado da institución provincial para o 2012 será de 152,7 millóns.
Os ingresos incrementanse en 15,7millóns porque hai unha mellora dos ingresos correntes de 9,5 millóns (procedentes da liquidación do 2010 dos ingresos do Estado); porque hai un aumento de transferencias de capital de 6,2 millóns; e porque non son precisas novas operacións de crédito.
Financiar gasto corrente e inversións
Según o presidente da Deputación de Pontevedra, os ingresos correntes medran 9,5 millóns e as transferencias de capital suben un 103%: 6,2 millóns de euros. Esto supón unha sensible melloría para financiar o gasto corrente e os investimentos.O orzamento da Deputación non tén necesidade de financiamento alleo e reducirá a débeda en 12,6 millóns, co cal a débeda da institución quedará en 92 millóns ao remate de 2012. Louzán destacou que, en seis anos, a débeda da Deputación será de cero euros.
No capítulo de gastos, según dixo, o máis salientable é que as contas da Deputación para o 2012  presentan un aforro bruto de 57 millóns e neto de 44,3. Os gastos correntes caen 2,6 millóns e destaca especialmente a caída de gastos de personal por importe de 4,4 millóns.
Os presupostos da Deputación para o 2012 cumpren co requisito legal do déficit cero e incluirán a asunción dos servizos sociais comunitarios por 2,2 millóns de euros para financiar estes servizos nos concellos de menos de 20.000 habitantes.
Louzán destacou especialmente que no ano 2012 a Deputación de Pontevedra será das poucas administracións que investirán nos concellos, en concreto 51 millóns de euros desglosados así: o Plan Provincial de Inversións (20 millóns de euros), o Plan de Estradas (9 millóns); as obras municipais do Parque de Maquinaria (4 millóns); as inversións nominativas en concellos (8,2 millóns); e o desenvolvemento de proxectos europeos concedidos (9 millóns)
Respecto do Plan Provincial de Inversións, previsto nos orzamentos e dotado con 20 millóns, sinalou que estará adicado no 70% para inversión e no 30% para gasto corrente e repartiráse con criterios obxectivos do 50% poboación e 50% territorio.
“Con este plan, seremos dos poucos que aportaremos financiación real a inversiónsmunicipais e destinemos un 30% ao gasto corriente dos concellosestablecendo incentivos: primando aos que aposten polo investimentos xeneradores de emprego, sobre os que veñensendo gastos correntes”, afirmou.
Supresión de 8 organismos autónomos e Padroados
Con este Plan, a Deputación busca incentivar a inversión, tratar de que os concellos eviten gasto corrente e que se axusten, facilitar o pago de débedasmunicipais e financiar servizos básicos como telefonía, electricidade, recollida de lixo, etc.…
O presidente da Deputación, suliñou que nos presupostos non se prevé cubrir prazas vacantes por xubilacións e esto virá a sumarse ás 50 prazas xa amortizadas e non cubertas nos 2 anos anteriores. “Queremos adelgazar a Administración e por eso non cubriremos esas prazas, redistribuiremos os servizos e efectivos actuáis en busca dunhamaior eficiencia e suprimiremos os oito Organismos Autónomos e os Padroados con efectos do 1 de xaneiro de 2013 integrandoos na Deputación”, afirmou.
Nasúacomparencia, o presidente da Deputación anunciou que acordara co comité de empresa o paso de todos os traballadores á Seguridade Social, anulando os seguros médicos privados dos que disfrutaban perto de 200 deles.
Louzán agradeceu o traballo dos funcionarios e personal da Deputación e a súa implicación natarefa de construir unha nova deputación. E dixo que cos cambios previstos xa nos novospresupostostratábase de “adiantarse aos tempos pois estas institucións serán reforzadas e clarificadas as súas competencias para mellores e máis eficientes servizos para os cidadáns”. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario