1 de maio de 2012

OIA


PERCEBE A GUARDA ACADOU Á MAXIMA PUNTUACIÓN NO GAC-7

Xabier Garrido Carrera / Oia

O noso proxecto de cooperativa PERCEBE A GUARDA, foi o primeiro en puntuación (82,70 sobre 100), no GAC-7 (Grupos de Acción Costeira). 
O territorio de actuación do GAC-7 comprende os concellos de Cangas, Moaña, Vilaboa, Soutomaior, Redondela, Nigrán, Baiona, Oia, O Rosal e A Guarda.
 
O GAC, procura de acadar a mellora socioeconómica das comunidades pesqueiras nas que residen os profesionales do sector marítimo-pesqueiro, mediante accións innovadoras e no marco dunha extratexia de desenvolvemento integrado e sostible.
 
Os que puntuaron o noso proxecto, observaron unha iniciativa digna de desenrolar. Son un grupo representativo, supramunicipal, do sector pesqueiro, social, económico e público da zona.
 
Estamos contentísimos. Estas axudas, que veñen do Fondo Europeo de Pesca, contan con un orzamento de 3,7 millons de euros.
 
O noso proxecto, baseado a desenrolar a cinco anos vista, contempla a comercialización do percebe directamente o consumidor dende o extractor. Un comercio xusto. Ademáis, organizamos visitas guiadas, tanto a "RUTA DAS CETÁREAS" de A Guarda, como o levar a quen o desexe a acompañarnos a percebear. E por último, realizamos XORNADAS GASTRONÓMICAS, donde damos a coñecer o noso producto, a traverso de platos mui elaborados, que presentan os chefs de importantes establecementos hosteleiros. Xa fixemos a do Talaso Atlántico en Oia, Quinta do Ramo, en Tomiño e nestes momentos estánse a realizar en De Tapa en Cepa, de Vigo.
 
Estomos moi contentos, e querémolo contar.
Bicos desde Oia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario