2 de maio de 2012

MÚSICA

Cangas énchese de Reggae



A Asociación Minho Reggae organiza no local Sala Son un concerto no seu afán por promover os ritmos xamaicanos e culturas adxacentes. O sabado 5 de Maio, serán os Meninos  Carentes, os encargados de pórlle son á noite do sabado, a  partir das 22.00 horas.

Roots, reggae, dub, nyahbinghi, funki, estes serán algúns dos ritmos dos que poderemos gozar nas próximas semanas en Ponteareas, grazas ao colectivo Minho Reggae, que continúa difundindo por Galicia e o Norte de Portugal, o reggae e as músicas e culturas que nos chegan da outra marxe do Atlántico.

A banda viguesa Meninos Carentes faranos viaxar de Brasil a Xamaica, con temas cantados en galego portugués que beben dalgún dos grupos máis importantes da música brasileira, O Rappa, Ponto de Equilibrio, Gilberto Gil, Chico Cesar, Natiruts ou Tin Maia.

Levan máis de catro anos riba dos escenarios presentando as súas músicas reivindicativas, que nos falan dos problemas sociais, da corrupción, a pobreza e as inxustizas das favelas de Río de Xaneiro pero que se poderían trasladar a calquera punto da xeografía. Temas que fan bailar pero tamén reflexionar.
Eles son Xoan Lois Vila, na voz, Javier Marcos, na guitarra rítmica e na voz, Javier Vicente, no baixo, Zeca Lois na guitarra solista, Jorge Méndez, na percusión xunto a Alfonso Eski Agulla e Rubén Crespo. Músicos moi coñecidos na provincia de Pontevedra, por levar anos participando en distintas bandas e proxectos musicais.

Cun directo cheo de forza e enerxía, os Meninos Carentes, chegan por primeira vez a Cangas, logo de levar a súa música por boa parte de Galicia e o Norte de Portugal e antes de chegar á sala Siroco, en Madrid o próximo dez de maio, onde presentarán os seus temas. A Sala Son de Cangas, será a súa próxima parada, o Sabado 5 de Maio, a partir das 22.00 horas. O custe da entrada é de catro euros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario