2 de maio de 2012

MÚSICA

XIRA: A ONDA SONORA (CHEGA DO INTERIOR)


O Sonoro Maxín voltou aos escenarios presentando o seu esperadísimo primeiro disco de estudio chamado “A onda sonora (chega do interior)”, producido por Kaki Arkarazo, e gravado nos estudios Garate, de Andoain (Gipuzkoa) [EH], por Kaki Arkarazo e en Tooma Recordings, de Ourense, por Marcos Vázquez.
  
         O novo disco, con 13 cancións, expresa a múltiple visión musical do conxunto ourensán, baseado nunha mestura de cumbia, reggae, rock, ranchera, bolero ou vallenato. O deseño do mesmo corre a cargo do artista David Rubín. O Sonoro Maxín fala do se traballo con estas verbas:

         Chega a onda sonora. Chega do interior, dun océano interno. Dun mar quente e profundo que, aínda que ten morada certa, non aparece nos mapas.
         Trae con ela as cumbias que non son cumbias. Esperta os bailes que aínda están por inventar. Camiña polas rúas que pisamos hai tempo e polas que hoxe está prohibido pasear. Traslada dun lado a outro a surfistas sen táboa, unha manda de eguas e cabalos sen dono e un grupo de pallasos que tratan, co riso e sen bromas, asuntos moi serios. Vén cargada con ritmos descompasados que derrotan ás cadeiras no primeiro compás, de harmonías dunha soa nota e de esquecidas melodías atopadas no fol dun acordeón. Viaxan ao seu carón cantantes afónicas, exploradores perdidos, mariñeiras dos fentos e dos toxos, arrieiros que non saen da casa, mamíferas destetadas e plumíferos desplumados.
         A Onda Sonora trasmítese cara todos os ouvidos no mesmo momento. Nun pestanexo. Nas novas formas de contar o tempo, nun bico, nunha aperta, nun sorriso. Cara todos e todas coa mesma intención, ser escoitada.
¿Queres coñecer o que a onda sonora está a asubiar?


O SONORO MAXÍN SON:
Ico: voces
Abraham el niño: guitarras
Samuel S. Figueiras: controlador de vento midi e frauta traveseira
Cristina Asenjo: acordeón
Xurxo Brea: baixo
Jaime Mateo: batería

Deseño gráfico: David Rubín
Distribución do disco: Inquedanzas Sonoras (http://www.inquedanzas.com/)


DATAS XIRA PRESENTACIÓN:
4 de maio – Sala 600 (Melide)
5 de maio – Fábrica de Chocolate (Vigo)
11 de maio – Pub Clavicémbalo (Lugo)
24 de maio – Sala Moon (Compostela)
25 de maio – Sala Mardi Gras (A Coruña)
3 de xuño – Sala A Regueifa (Ponteareas)


*Ademáis a banda ten confirmada a súa presencia no concerto homenaxe aos Resentidos (12 de maio) e na vindeira edición do Derrame Rock (15, 16 e 17 de Xuño), así como aparicións en tv, radios, etc.
  
AGARRÁDEVOS QUE HAI CUMBIA!!!!!


 CONTACTO E DISTRIBUCIÓN:
Manuel Roxo
981 582 836
619 933 348

Ningún comentario:

Publicar un comentario