O TROMPETA SOLISTA RUBÉN SIMEÓ ACTÚA O VINDEIRO DOMINGO COA BANDA DE MÚSICA DA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL

Monserrat Domínguez Otero / O Rosal
O vindeiro domingo 18 de marzo, ás 18,00 h. no Auditorio do Rosal convidámosvos o concerto que ofrecerá a banda Agrupación Musical do Rosal acompañada por un dos trompetistas máis importantes a nivel internacional, Rubén Simeó. Está considerado como un dos instrumentistas con maior proxección e así o avalan os moitos e importantes premios acadados e as xiras que realizada por todo o mundo.
Baixo a batura de Diego Javier Lorente López ofrecerán entre outros as obras para trompeta e banda "El vuelo del moscardón" de Korsakov, "Carnaval de Venecia" de Arbán, "Fantasía para trompeta y banda" de José Vicente Simeó, e tamén interpretarán por primeira vez as seguintes obras para banda: "Fandango Fantasy de Hans van der Heide" e "Arabesque de Samuel R. Hazo".
Esperamos contar coa vosa asistencia a este acto que esperamos sexa do agrado de todos, e donde Rubén Simeó realizará a presentación no Rosal dos seus dous últimos CD´s.
Ningún comentario:
Publicar un comentario