21 de mar. de 2012

A GUARDA



O BNG creclama á Xunta apoio xurídico na Guarda para os afectados polas “participacións preferentes”


A Xunta de Galiza ten que implicarse directamente dado que ten participación directa en Novagalicia Banco


Infogauda / A Guarda

O portavoz municipal do BNG, Xan Lois Lomba, instou ao Alcalde a que solicitase apoio xurídico á Dirección Xeral de Comercio dependente da Consellería de Economía e Industria.

O BNG considera que a Xunta de Galiza ten que ter unha implicación máis profunda na solución das chamadas “participacións preferentes”, nas que veciños e veciñas da Guarda están afectados pola comercialización irregular.

Así acordouse que a oficina de Consumo do concello da Guarda axudará a tramitar as denuncias que realizen os afectados, polo que o BNG considera imprescindíbel que teña un apoio xurídico para poder vehiculizar mellor as denuncias.

Segundo o BNG a Xunta de Galiza ten que implicarse directamente dado que ten participación directa nunha das entidades que comercializou estes productos bancarios, Novagalicia Banco.

Se a Xunta ten a intención de axudar ás persoas afectadas polas preferentes, unha boa forma de facelo é aportar asesoría xurídica aos veciños e veciñas da Guarda”, comentou Xan Lois, concelleiro do BNG.

Acordo plenario de apoio aos veciños e veciñas afectados

Todas as forzas políticas con representación no Concello da Guarda chegaron a un acordo e presentaron unha moción baseada no acordo acadado polo PP, PSOE e BNG no Parlamento galego e a moción que presentou no concello o BNG.

O acordo, entre outras, insta á Xunta de Galiza e ao Goberno central á promover unha solución aos titulares das participacións preferentes, apoiar e informar a través da Oficina do Consumidor aos posíbeis afectados polas “preferentes”.

Tamén acordouse instar á Xunta de Galiza a exercer as potestades que ostenta sobre Novagalicia Banco para que os aforradores poidan recuperar inmediatamente o investimento realizado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario