25 de mar. de 2012

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA DENUNCIA VARIAS DEFICIENZAS NAS RÚAS BOUZÓ E TRANSVERSAL BOUZÓ


Reportaxe fotográfica: Converxencia Galega / A Guarda




Quen abaixo suscribe, BEATRIZ ESTEVEZ ALVAREZ, Concelleira-Portavoz deste Grupo Municipal, e con domicilio a efectos de comunicación na rúa Ramón Sobrino, 8-baixo,

E X P O N:

Que desgraciadamente, na maioría das notas que enviamos aos medios de comunicación teñen que escomenzar da mesma maneira, xa que a situación de deixadez e abandono do noso pobo refléxase na maioría das rúas e lugares guardeses dos que cunha simple ollada do que acontece o noso arredor, atapamos exemplos dabondo. Para mostra un botón:

Agora son os veciños das rúas Bouzó e Transversal Bouzó, os que chaman a nosa atención, para que falemos na prensa e no Concello para que se dé da maneira máis urxente, unha solución o grave problema que teñen. O asfalto chegou as rúas, pero parece que non había nin hai cartos para rematar a desfeita que alí ocasionaron, donde o rasante foi alterado en cada porta según lle apeteceu a cada quen, e as tapas e rexas de alcantarillado, chaves de paso de auga e doutros servicios, quedaron atrapados debaixo do aglomerado.

Xa non é o primeiro caso, pero todos teñen medo, que en calquer momento haxa unha avería, e namentras se rompe o asfalto para chegar ata as tapas, as vivendas estén xa inundadas, ¡menudo espectáculo si lles toca de fecais!

Os que falan e facían alardes de grandes maravillas alternativas as beirarrúas “virtuais” ocuparon esta zona, na que os cambios ocurridos no tráfico rodado, fai que se haxa incrementado nesta zona a circulación de vehículos, co risco para os de sempre, os peatóns. Non esquecemos o grave risco que teñen as persoas que por alí circulan en bici ou en moto, xa que o desnivel dos ocos existentes no centro das tapas e rexillas está moi disimulado, e non se dan conta do perigo ata que están enriba deles.

As tapas que nestes días estivo instalando unha empresa de telefonía, nalgún caso, son altamente perigosas e recercadas cun cemento dunha calidade tan alto, que a sola dos zapatos o levanta nada máis pisalos.

Así mesmo, naquelas “zonas de seguridade” que reciben a protección dos bolardos, nalgúns puntos, xa pasaron a mellor vida e somentes queda o buraco no chán.

Como se pode ollar nalgunha das fotografías, xa escomenzaron a crece-las prantas nas rexillas do alcantarillado e pronto van ter que facer o trasplante das máis exóticas para o Xardín Botánico do Castelo de Santa Cruz.

Por toda esta situación, dende CONVERXENCIA GALEGA, diante do que acontece nestas rúas e denantes do inicio das vindeiras choivas, pero tamén como seguridade para os veciñl@s do lugar, vimos a solicitar do Concello e de quen corresponda para que se tomen as medidas necesarias para arranxar este problema.

A Guarda, a 24 de Marzo do 2.012

Beatriz Estevez Alvarez

Sr. Alcalde-Presidente do Concello de A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario