15 de feb. de 2012

TOMIÑO

TOMIÑO E GOIÁN ULTIMAN OS SEUS DESFILES DE CARROZAS

Venres de Foliada en Tomiño e Martes de Entroido en Goián son as citas obrigadas do entroido tomiñés.

Os integrantes das comparsas de Tomiño e de Goián restan os días para os seus desfiles de Venres de Foliada e Martes de Entroido.
En Tomiño se espera que participen máis de 1.100 persoas distribuidas nas 25 comparsas que integrarán este ano o Venres de Foliada. Nenos, nenas e adultos teñirán de luz e cor este ano Tomiño. Son do Concello e de concellos próximos, ás tradicionais comparsas tomiñesas se unirán outras de O Rosal, Gondomar, O Porriño, etc. Moitas son asociacións culturais que se adican a preparar a conciencia o entroido.
Este ano serán 25 as comparsas que desfilarán por Tomiño a maioría superan os 60 integrantes.
A cita do Venres de Foliada será o día 17 de febreiro ás 21h30.

Ningún comentario:

Publicar un comentario