NÚMEROS PREMIADOS NO SORTEO PRO-FESTAS DO SANTÍSIMO

Manuel Ángel Pombal Diego / Pedornes
Onte, 12 de Febreiro ás 20.30 h, celebrouse no Centro Cultural de Pedornes o sorteo dos 4 agasallos que se rifaban para axudar á celebración das Festas do Santísimo da nosa parroquia que se celebrarán os días 18 e 19 de Maio de 2012.
O primeiro premio (Unha gran cesta de productos variados) correspondeulle ó número 01.388.
O segundo premio (Unha estupenda cesta de productos de limpeza) correspondeulle ó número 03.791.
O terceiro premio (Un xamón e dúas botellas de viño) correspondeulle ó número 08.570.
O cuarto premio (Unha folla de bacallau e dous litros de aceite) correspondeulle ó número 08.389.
De momento, xa apareceron os afortunados co segundo e o cuarto, pero aínda faltan os outros dous. Felicidades aos afortunados e sorte para os que aínda non comprobaron as súas rifas. Debemos lembrar que os premios caducan aos 30 días.
Ningún comentario:
Publicar un comentario