24 de feb. de 2012

A GUARDA

A ASOCIACIÓN GALEGA DE VITICULTURA ORGAIZA UNHA CEA CATA MARIDAXE NA CASA DO OUTEIRO

AGV / A Guarda

O próximo xoves día 1 de Marzo ás 20:30 horas terá lugar no Restaurante – Tapería Casa do Outeiro, de O Castro (Salcidos) A Guarda, unha Cea Cata Maridaxe coa colaboración da Asociación Galega de Viticultura (AGV) a cual ven realizando por todo o país un traballo de implicación no sector restaurador.
“Creemos que con este tipo de evento a xente pode degustar diversos productos e coñecelos en diversos tipos de cociña que abunda en Galicia” coméntanos Jorge Cardoso Mariño, Coordinador da AGV no Baixo Miño.
O Menú será o seguinte:
 PRIMEIRO PRATO:
Tostas de Foie, con marmelada de pementos vermelhos, pintados cunha reducción de peruchi
 SEGUNDO PRATO :
Carpaccio de Vieira temprada con vinagreta de Módena e Alcaparras
 TERCEIRO PRATO :
Pementos de piquillo recheos de gambas e bechamel a americana acompañados dun mini timbal de arroz con pasas de Corinto
 CUARTO PRATO:
Medallón de peixe sapo braseado sobre coulis de porro o perfume de eneldo, panaché de verduritas cruxentes e patata o vapor
 QUINTO PRATO:
Cordeiro Lechal o perfume de romeiro, con timbal de pataca panadeira
 POSTRE:
Semifrío de Turrón e Xelado de Queixo con framboesa

Cada prato será regado con un viño distinto entre os que haberá brancos, tintos, espumos e doces e o evento será conducido polo experto en viños e maridaxe Xosé Antonio Gómez “Piño”, delegado do grupo González Byass, en Galicia, decrarada mellor adega de España.
Se alguén desexa asistir teríase que por en contacto co 986 611 500 ou no 672 085 534 porque as prazas son limitadas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario