NOVO FIASCO PARA O GRUPO CHAMADO DE GOBERNO
- O TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA DESESTIMA OS RECURSOS DE APELACIÓN INTERPOSTOS POLA DISCOTECA ENJOY E CONCELLO DE A GUARDA
- A SALA Nº 2 DO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO DO T. S. X. G. ESTIMA O RECURSO INTERPOSTO POLO LETRADO QUE REPRESENTA O COLECTIVO VECIÑAL
Infogauda / A GuardaO chamado Grupo de Goberno do Concello de A Guarda voltou a conquerir un novo fiasco. Segundo o documento o que tivo acceso a Redacción de Infogauda, a Sección Segunda da Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ven de faer pública a Sentencia pola cal desestima os recursos de apelación interpostos por "DISCOTECA ENJOY A GUARDA, S. L." e polo Concello de A Guarda contra a sentencia de 18 de abril de 2011 dictada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Pontevedra no procedimento ordinario 118/2010.
Asemade no Fallo da devandita Sentencia faise constar o seguinte: "Estimamos el recurso contencioso - administrativo interpuesto por José Alberto González Vicente contra el acuerdo de la Junta de Gobierno del Ayuntamiento de A Guarda de fecha 22 de febrero de 2010 de concesión de licencia; y declaramos que el acto administrativo recurrido no es conforme a derecho y lo anulamos.
Sin imposición de costas.
Notifíquese esta sentencia a las partes haciéndoles saber que no es susceptible de recurso ordinario (...)".
Ese novo fracaso do chamado Grupo Municipal de Goberno debera motivar que o alcalde e seus concelleiros fagan os respectivos exames de concencia sobor de moitas das súas actuacions, porque namentras os veciños afectados pola apertura da discoteca tiveron que asumir dos seus respectivos petos os gastos da súa lexítima defensa, os membros do chamado Grupo de Goberno do concello guardés semella que non lles doe. E debera doerlles porque para que a administración dos fondos públicos poida considerarse óptima, debe conlevar un celo e unha rigurosidade que eviten actuacions que somentes reportan gastos o erario público. Por iso non son poucos os cidadáns que observan con bastante frecuencia, como os froitos da torpeza política fánse visibles.
Ningún comentario:
Publicar un comentario