
Infogauda / A Guarda
A traverso dunha nota de prensa remesada a redacción de Infogauda, o Grupo Municipal de Converxencia Galega matiza seu posicionamento sobor dos Orzamentos Municipais para o exercicio de 2012. Na devandita nota - que tamén dirixiron o alcalde de A Guarda -, Converxencia Galega, dí o seguinte:
Que despois de aparecer en diversos medios de comunicación que o Equipo de Goberno Municipal que encabeza José Manuel Domínguez Freitas, vai levar os Presupostos/2.012 a un Pleno Extraordinario na vindeira semana e que para elo conta co apoio da nosa concelleira, Beatriz Estevez Alvarez, dende CONVERXENCIA GALEGA, queremos deixar claro, queremos matizar varios puntos:
1º).- Si é verdade que durante varios meses se viñeron mantendo distintas xuntanzas por parte dunha representación deste partido encabezada pola concelleira, na que se falou e discutiu sobre a elaboración dos Presupostos e doutros temas. Non sabemos se tamén se mantiveron reunión cos demais partidos da oposición, pero iso xa é outro cantar.
2º).- Que no que respecta os Presupostos Municipais para este ano, hubo coincidencias e aproximacións nunha boa parte dos mesmos, queda somentes por resolver a boa vontade de poder confirmar que os acordos están plasmados no documento, e matizar pequenos flecos, pequenos, pero para nos importantes e necesarios.
3º).- Que diante da situación de crise económica existente na actualidade, se buscaron diversas alternativas financieiras para intentar aumentar os ingresos municipais sen incidir nos impostos, e poñendo imaxinación diantE da falta de recursos, para conseguir facer como mínimo o mesmo que ata agora, seguir dando os mesmos servicios ca mesma calidade.
Equilibrar gastos e ingresos, redimensionar distintas partidas, redistribuir os custesd algunhas actividades e funcións que deberían ser asumidas pola Administración Autonómica ou Estatal, como é o caso nos eidos da sanidade e na educación, e outros.
Pero a día de hoxe, non coñecemos o texto final, o formato definitivo dos Presupostos/2.012, e polo tanto, non podemos falar de algo que non coñecemos, ou o que é o mesmo non podemos aprobar algo que ignoramos, polo que non se nos pode pedir un cheque en blanco sobre un documento que é a columna vertebral do funcionamento municipal o longo de todo este ano, eso non quita que non haxa tempo para seguir falando do asunto e concretar o axuste dos Presupostos Municipais.
A Guarda, a 03 de febrero do 2.102
Sr. Alcalde-Presidente do CONCELLO DE A GUARDA
Ningún comentario:
Publicar un comentario