
O Centro Democrático Liberal da Guarda ben de facer publica a súa queixa dirixida a concelleira de facenda Dª Montserrat Magallanes Álvarez (2º Tte de Alcalde) e concelleira de Facenda.
Dado que este partido acolléndose a lei 4/2001 do 12 de novembro reguladora do dereito de petición presentou unha moción no rexistro deste concello co número de entrada 7419 do 12 de Decembro 2011, dita lei facilita o cidadán ou a calquera grupo político a ter documentación que se tramite por calquera organismo publico.
Tras a nota de prensa colgada na páxina web do 25 de xaneiro do 2012, onde dan a coñecer que os orzamentos se presentaran a o pleno na primeira quincena de febreiro. Este partido demostra o seu malestar por non haber recibido dita copia.
Este partido solicitou a copia dos orzamentos para estudalos e se estamos descordo con eles poder presentar escrito suxerindo a súa modificación, e para ensinarllos a aqueles guardeses que xa nos preguntaron por ditos orzamentos.
Esperemos que nos próximos días que faltan para a convocatoria do pleno, se nos facilite dita copia, así que nos facilitarían unha copia a nos xuntaremos o equipo asesor financeiro do partido coa consello executivo local do CDL, facilitaríamos unha nota de prensa para dar o noso punto de vista.
Xermán Cordero Verde
Presidente Local do Centro Democrático Liberal da Guarda
Ningún comentario:
Publicar un comentario