O CONCELLO DE TOMIÑO NOMEARÁ O VINDEIRO SÁBADO 14 DE XANEIRO A XOSE LUIS FRANCO GRANDE FILLO PREDILECTO DO MUNICIPIO
Personalidades do mundo da cutlura galega e veciños e veciñas do seu Tomiño natal homenaxearán a este galego ilustre chamado Franco Grande. O Concello de Tomiño honrará o vindeiro sábado 14 de xaneiro ás 12h00 no auditorio de Goián a senlleira traxectoria cultural do Fillo Predilecto de Tomiño, Xose Luis Franco Grande. Con este acto o goberno local tomiñés recoñece o importante papel deste intelectual no mundo cultural galego e a difusión da súa terra sempre presente, Tebra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario