22 de xan. de 2012

OIA

O risco de riadas continúa en Oia

O BNG non se esquece de que o risco de riadas sigue latente no municipio de Oia

Alejandro Rodríguez, adiantou que o proxecto estaría preparado para a súa exposición pública para o pasado 23 de decembro

Infogauda / Oia

Dende o pleno extraordinario celebrado o pasado 25 de novembro as veciñas e os veciños afectados non teñen información oficial sobre o anunciado proxecto de Augas de Galicia.

No pleno extraordinario, convocado por iniciativa do concelleiro do BNG, o alcalde Alejandro Rodríguez, adiantou que o proxecto estaría preparado para a súa exposición pública para o pasado 23 de decembro. Os veciños e as veciñas que teñen próximos ríos, regatos e torrentes, seguen sen poder durmir tranquilos cada vez que se anuncian temporais. O BNG non se que esquece de que o risco de riadas sigue latente no municipio de Oia.

Para tranquilizar á veciñanza o BNG solicita que se fagan públicos os prazos de finalización da redacción do proxecto, unha data certa de presentación pública do mesmo e os compromisos de execución por parte da Xunta de Galicia e por parte do goberno municipal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario