
ANTE A PROFUNDA PREOCUPACIÓN POLOS RECORTES SOCIAIS DA XUNTA DE GALICIA O BNG DE TUI PRESENTA CINCO MOCIÓNS NO REXISTRO DO CONCELLO
O BNG ten analizado os Orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2012 e verificou que entre o ano 2010 e 2011 recortáronse 189 millóns de euros en Educación, 221 millóns en sanidade e 45.5 millóns de euros en materia de emprego e protección social. Se nada o impide para o ano 2012 o recorte nos orzamentos será de 12 millóns mais en Educación, 16 millóns mais en Sanidade e 23 millóns mais en Servizos sociais.
Aos recortes nos propios orzamentos xúntanse outras actuacións recentes da Xunta de Galicia que non fan mais que agravar a situación económica e social das persoas mais vulnerables como os recortes aos dereitos sanitarios dos desempregados, persoas sen recursos e estranxeiros.
Ante esta situación o BNG de Tui ven de presentar no rexistro do Concello cinco mocións relativas a todos estes asuntos para solicitar do Goberno de Tui que inste a Xunta de Galicia a modificar aquelas normas e situacións que están dificultando moi seriamente a calidade de vida dos galegos e galegas en situaión de grave vulnerabilidade social.
O BNG presentou as seguintes mocións que se adxuntan:
1. Moción en defensa das persoas afectadas polas hipotecas (dación en pago)
2. Moción sobre a anulación da tarxeta sanitaria ás persoas desempregadas e persoas sen recursos económicos
3. Moción sobre os recortes do Plan Concertado da Xunta de Galiza (Servicios sociais)
4. Moción para o control das abusivas comisións bancarias
5. Moción sobre as devolucións correspondentes ás liquidacións negativas da participación nos ingresos do Estado
Tui, a 12 de decembro de 2011
Ningún comentario:
Publicar un comentario