A DEPUTACIÓN E O CONCELLO DE NIGRÁN ASINARÁN UN CONVENIO DE COLABORACIÓN QUE POSIBILITARÁ ADECENTAR O CAMPO DE FÚTBOL DE VILARIÑO CUNHA INVERSIÓN DE 308.793,44 EUROS
A Xunta de Goberno da Deputación aprobou hoxe a sinatura dun convenio de colaboración co Concello de Nigrán que terá por obxecto a remodelación e adecentamento das instalacións deportivas no campo de fútbol de Vilariño.
As instalacións, de titularidade municipal, presentan actualmente unha serie de deficiencias que impiden a súa utilización de xeito normal, necesitando unha profunda remodelación, tanto no terreo de xogo como nos elementos complementarios.
Para executar esta acción será preciso un investimento de 308.793,44 euros dos cales 208.793,44 € será achegados pola Deputación e os restantes 100.000 euros polo Concello.
Unha vez asinado o convenio, a Deputación Provincial de Pontevedra será a encargada de asumir a licitación, dirección, execución e recepción das obras contempladas no proxecto técnico. Pola súa banda, o Concello de Nigrán deberá poñer a disposición da institución provincial os terreos necesarios para poder levar a cabo a execución das obras, así como de obter a correspondente licenza municipal e tramitar ante outros organismos as autorizacións pertinentes que foran precisas.

Ningún comentario:
Publicar un comentario