18 de dec. de 2011

ARZÚA

E O MAGO TETO NO DOMINGO
Grande éxito na primeira xornada da VIII Feira Ecolóxica de Arzúa


Na imaxe, participantes no cursiño de cociña dietética chinesa


Jéssica Beiroa / Arzúa


Procurando algún produto, aprendendo cociña dietética chinesa, facendo coaching creativo ou atendendo á vontade dos medios de comunicación en galego de que a información na nosa lengua se reforce, “Vitaminas para o galego”, por non falar do éxito de Espido foron foron algunhas das actividades máis importantes da primeira xornada.

Malia as inclemencias meteorolóxicas, foron moitas as persoas que se achegaron ao Recinto Feiral Terra do Queixo para gozar cos obradoiros, conferencias e demostracións en directo, ademais de poderen mercar de forma máis xusta os agasallos para este Nadal.



Presentación da VIII edición da Feira ecolóxica máis grande de Galicia


Ademais, aínda queda outro día para poder visitar a Feira, con máis de 20 propostas das que poder gozar, aprender e achegarse a un xeito de entender a vida máis respectuoso coa contorna. Deste xeito, un roteiro por Portodemouros ás dez e media da mañá, obradoiros de elaboración de queixo para nenos e maiores, teatro con Peter Punk e o Neno Imperdible

Ademais, un xantar poplar ás dúas e media do mediodía, amenizado polos grupos da comarca “Cantareiras de Arzúa”, dará paso a unha tarde repleta de actividades, entre as que se atopan o teatro infantil ás cinco con Bagunça Teatro, o Mago Teto ás sete e media e diversas demostracións, completan un amplo programa para todos os públicos e todas as idades.

Ningún comentario:

Publicar un comentario