16 de out. de 2011

INFOGAUDA

XA ESTAMOS EIQUÍ!





Desde o pasado día 4 ata hoxe, non actualizamos este xornal dixital. Iso foi debido a dúas razóns. En primeiro lugar, por causas alleas a nosa vontade, o que nos impediu avisar os nosos fieis seguidores, os de lei, que sodes a maioría que nos segue a cotío; e por outra banda, porque collemos uns días para nós, que na medida do posible, contribuirán con modestas aportacións que iremos facendo nos intres oportunos. Polo tanto, queremos pregarvos que nos disculpedes por non habervos informado oportunamente de que íamos estar inoperativos por uns días, e por outra parte queremos que saibades que non renunciamos para nada, a continuar informándovos de todo aquilo que poidamos, sen cair en servilismos nin amarillismos. Infogauda non xurdiu para iso. Xa o sabedes dabondo. E se alguén coidaba que xa estábamos fartos ou cansos, da nosa modesta experiencia na Rede de redes, que vaia trocando de ideia, porque namentras teñamos folgos, seguiremos ofrecéndovos todo aquilo que coidemos de interese social.




Agradecénvos vosa atención, recibide unha forte aperta.




INFOGAUDA

3 comentarios:

  1. Bienvenido de nuevo a la red de redes... los viejos "luchadores" están y han etado siempre con nosotros. Un abrazo y no dudes que aquí me tienes para lo que haga falta.

    ResponderEliminar
  2. Aquí también tienes unos amigos que siempre nos has apoyado y porsupuesto estamos siempre contigo para lo que necesites.

    ResponderEliminar